A rianxeira segue sumando títulos ao seu currículo
10 nov 2025 . Actualizado á 18:15 h.A triatleta Claudia Tubío segue dando mostras do seu enorme potencial e sumando títulos importantes ao seu currículo deportivo. A rianxeira viaxou a Chile para participar na Copa do Mundo de San Pedro dA Paz e á súa volta traerá na maleta unha medalla de prata.
A deportista do Tríatlon Rianxo fíxose co subcampeonato da Copa do Mundo na categoría de tríatlon paralímpico PTS4. Claudia xa sabía o que é disputar unha cita internacional deste calado, posto que o ano pasado foi o máis mozo en competir na copa que se desenvolveu en Vigo e o verán pasado estivo na de Tata, en Hungría, na que tivo que retirarse por un problema mecánico. En Chile quitouse a espinita subíndose ao segundo caixón do podio tras unha excepcional carreira.
Claudia Tubío desenvolve a súa formación académica e deportiva no centro de alto rendemento de Murcia, o único de España autorizado para o desenvolvemento do tríatlon paralímpico, e forma parte do equipo Caixabank de promesas paralímpicas, programa de fomento do tríatlon paralímpico español, un programa patrocinado por CaixaBank e desenvolvido en colaboración co Comité Paralímpico Español e a Federación Española de Tríatlon.