O Puebla perde ao boirense Brais Neto para todo o curso

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

Sufriu unha grave lesión tras romper o ligamento cruzado e o menisco

20 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Todo apunta a que Brais Neto non poderá volver competir esta tempada. O boirense, xogador do Puebla , sufriu unha grave lesión tras romper o ligamento cruzado e o menisco, contratempo que o terá uns nove meses lonxe dos terreos de xogo. Canteirán do Boiro, tamén militou na base do Celta de Vigo.