O baloncesto regresa á vila pobrense da man do Basket Pobra Asambal

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CEDIDA

O club busca asentarse creando unha base a través das escolas deportivas

16 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A afección ao baloncesto rexurdiu na vila pobrense grazas a un novo proxecto deportivo que nace con vocación de consolidarse e sentar as bases dunha canteira que garanta a súa continuidade no futuro. Trátase do Basket Pobra Asambal, xurdido de integrantes do antigo Club Asambal e que foi presentado esta semana.

Francisco Martís e Eloy Sobrido son o presidente e vicepresidente da entidade e explicaron que o proxecto xurdiu durante a pandemia entre cinco persoas vinculadas ao mundo de baloncesto. Cos cimentos do Basket Pobra Asambal en pé, o obxectivo agora é que o proxecto se asente e márcanse un prazo de tres anos para consolidalo. Entre os seus obxectivos están, por unha banda, apoiarse nas escolas deportivas para formar unha base de club e, por outro, conseguir que o equipo sénior se asente na terceira división. O club conta co respaldo do Concello e na presentación estiveron o alcalde e a concelleira de Deportes.