Unha muller tivo que ser evacuada da praia do Vilar cunha posible fractura de cadeira

La Voz RIBEIRA

BARBANZA

Adrián González

Foi trasladada ao hospital comarcal de Barbanza

05 sep 2021 . Actualizado ás 17:15 h.

Unha muller duns 70 anos de idade tivo que ser evacuada da praia ribeirense do Vilar cunha posible fractura de cadeira. A voz de alarma dérona uns bañistas ao comprobar que, despois de ser derrubada na beira por un golpe de mar, a septuaxenaria non podía moverse. Os socorristas que prestan servizo no areal acudiron a asistila e alertouse ao 061.

Dado que a muller, aínda que estivo consciente en todo momento, non podía moverse, os socorristas e sanitarios que a atenderon tiveron que levala ata o aparcadoiro coa axuda doutros bañistas, desde onde foi trasladada ao hospital comarcal.