Olladas instigantes en cor

EME CARTEA

BARBANZA

02 jun 2021 . Actualizado a las 16:43 h.

A coñecida frase de Oscar Wilde afirmando que «nos mellores momentos da arte non había críticos de arte», déixanos espidos diante da crúa verdade. Isto é, que a crítica en nada mellora a creación. Somos prescindíbeis.

Non así o creador, chámese psiquiatra, profesor, poeta, narrador, pintor, ensaísta ou Fidel Vidal. Dende o paleolítico, a sublimación e a simbolización é santo e sinal que nos abre as portas do íntimo abraio. E a esa íntima festa reclámanos Fidel, hoxe como pintor de apaixonada afección, lenta e prolífica, da forma e da cor.

Sabemos das súas querenzas pola escrita sopesada. Ultimamente, a súa inmediatez semella focalizada no debuxo e na pintura, que nos deixa caer como un pan quente a medio cocer, variado de xénero, estilo e técnica. Un amateur reincidente e curioso con vontade de chegar sabendo que o que nos resta de camiño é o que importa. De aí ese interese esbozado polo sketch, polo proceso, coma quen non quer.