Barcelona, a última viaxe de Portus Apostoli antes do «playoff»

LA VOZ

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

O duelo non se poderá seguir en directo

18 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Noia Portus Apostoli disputará hoxe, ás 12.00 horas, o último encontro a domicilio desta segunda fase. Farao fronte ao Barça B, conxunto ao que os barbanceses queren vencer para manter o bo ton desta tempada. O duelo non se poderá seguir en directo. «Somos ambiciosos e esixentes», recoñeceu Marlon Velasco, que non se fía do rival desta tarde.