O Punta Salera volveu cunha derrota fronte ao Hípica Coruña

LA VOZ RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

MARCOS CREO

O conxunto B dos pobrenses, que está en Primeira División, tivo máis fortuna que o seu irmán maior

03 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Os mellores tenistas de Barbanza regresaron a pasada fin de semana ás pistas. Iso si, fixérono con sorte dispar. O Punta Salera, que milita en Honra Ouro, caeu no Castelo contra o Hípica Coruña por 1-5. O punto local foi logrado por Adrián Cespón.

O conxunto B dos pobrenses, que está Primeira en División, tivo máis fortuna que o seu irmán maior. Venceu 2-4 ao Soutomaior de Pontevedra, mentres que o C non correu a mesma sorte e rematou noqueado por 2-4 frontes ao Bazán de Ferrol. Este duelo corresponde á segunda liga autonómica.

O Tenis Boiro, que participa en primeira, perdeu en Sanxenxo co Círculo Cultural por 5-2. O Tenis Fieiro Noia, que está en terceira, empatou en casa co Club Tenis Cambados B por 3-3.

Todos os conxuntos citados descansarán esta semana. O que si poderán xogar será o Boiromar feminino, que arrinca a súa andaina no Campionato Galego recibindo este domingo, ás 16.00 horas, ao Universidade de Santiago.