Apagamento cultural

BARBANZA

20 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Custou que a cultura lograse facerse un oco nas axendas dos concellos barbanceses. Lentamente, este sector foi gañando peso e os ciclos de teatro, as presentacións literarias e as exposicións convertéronse en citas habituais ao longo e ancho de Barbanza. Aínda que é certo que algunhas asociacións tiveron moito que ver neste ascenso que foi experimentando a cultura na comarca, como é o caso de Barbantia, tamén o é que os concellos foron ampliando as partidas orzamentarias destinadas a este tipo de actividades. Pero chegou o confinamento e con el, un apagamento cultural xustificado.

Desde entón, a pesar de que se recuperou a normalidade, polo menos a medias, o calendario cultural non volveu ser o de antes. Sufriu unha tesoirada importante en boa parte dos concellos de Barbanza, un recorte sen explicación convincente algunha, que derivou nun novo apagamento cando a situación da comarca empeorou e as medidas de seguridade víronse incrementadas. As actividades culturais foron das primeiras en caer das axendas municipais, a pesar de que nin sequera no nivel máximo de restricións prohíbese a súa realización.

E mentres, aínda que a medio gas debido aos límites de capacidade, teatros e auditorios das grandes cidades manteñen os seus carteis pese ao coronavirus, pois o da cultura é un sector económico do que dependen un bo número de persoas. Está entón xustificado o apagamento polo que se decantaron a maioría dos concellos barbanceses? Quen debesen non deron de momento unha resposta convincente.