Ceuta será a próxima parada dun Portus Apostoli enrachado

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

Os da Cidade Autónoma atópanse cuartos clasificados, aínda que polo momento só lograron unha vitoria

30 novs 2020 . Actualizado ás 18:07 h.

O Noia Portus Apostoli aínda non sabe que é a derrota e intentará que isto siga así o máximo tempo posible. Os rapaces de Marlon Velasco deberán demostralo moi pronto, xa que leste mesmo sábado, cando tomarán o avión para enfrontarse ao Unión África Ceutí. Os da Cidade Autónoma atópanse cuartos clasificados, aínda que polo momento só lograron unha vitoria, polas seis dos barbanceses.