Dous contaxiados polo brote de covid-19 recibiron a alta

Ningún dos casos activos precisou atención hospitalaria


Ribeira / La Voz

Aos poucos, o brote de coronavirus rexistrado en Barbanza hai pouco máis dunha semana vai remitindo e son sete a persoas que continúan en seguimento tras confirmarse onte a alta de dous dos contaxiados.

Ningún dos casos activos precisou atención hospitalaria, e os sete pacientes que aínda non teñen a alta permanecen illados e realízaselles o seguimento nos seus fogares.

Segundo o último informe feito público pola Consellería de Sanidade, cos dous últimos curados a cifra de pacientes da área sanitaria que superaron a enfermidade ascende a 1.739. As probas realizadas elévanse a 27.998, o que representa un incremento de 1.400 nunha soa xornada.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votacin
0 votos
Comentarios

Dous contaxiados polo brote de covid-19 recibiron a alta