Vota e opina: Cal é o lugar máis estragado polo home na zona de Barbanza, Muros e Noia?

La Voz REDACCIÓN

BARBANZA

O ser humano converteu algúns dos enclaves máis pintorescos desta zona costeira en verdadeiros engendros

18 feb 2020 . Actualizado ás 23:56 h.

Pódese dicir que o Barbanza o ten practicamente todo. Na área ao norte da ría de Arousa e toda a zona da ría de Muros-Noia hai para elixir. Se queres praia, tela, tanto na súa versión salvaxe e oceánica como na súa versión máis acougada. Queres montaña? Tamén a tes. A serra do Barbanza ten unhas pintorescas rutas de sendeirismo entre vacas e cabalos en estado semisalvaje e un dos miradoiros máis espectaculares de toda Galicia. Tamén o monte Louro, rozándose co mar. E, como alternativa á para moitos odiosa area, a zona ten tamén zonas de baño fluviais moi populares e escondidas. E tamén a duna máis grande do noroeste peninsular.

Pero non hai só natureza. Tamén cultura: Monumentos, museos e decenas de pobos se esparcen polas costas bañadas polo Atlántico. E, amais , aínda non soporta a presión turística doutras zonas coas súas bondades paisaxísticas e climatolóxicas.

É unha zona que podería ser perfecta, pero, desgraciadamente, non o é. O único malo que lle pasa ten un culpable: a man do home. Porque xunto ás pintorescas construcións con encanto que poboan todos os municipios do Barbanza e de Muros-Noia hai tamén verdadeiros engendros, froitos do mal gusto de moitas persoas, da falta de respecto polo patrimonio etnográfico e artístico ou polo deixamento de propietarios, usuarios ou administracións.

Edificios construídos sen ter en conta as construcións adxacentes ou o lugar onde se sitúan, fábricas ou hoteis en desuso durante décadas que se caen a cachos, falta de planificación urbanística,... O feísmo que se ceba con toda Galicia tamén ataca, como unha enfermidade, á zona do Barbanza e de Muros-Noia.

Agora, queremos saber a túa opinión: Cal crees que é o exemplo máis desatinado de feísmo nesta zona? Vota na nosa conta e dinos que pensas.