Hemeroteca: Dous noieses, entre as vítimas do naufraxio do conxelador Marbel nas Cíes

M. X. B. RIBEIRA

BARBANZA

Óscar Vazquez

Entre os nove mariñeiros que lograron salvar a vida ao saltar a unhas pedras había un ribeirense

28 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha traxedia marítima sacudía Galicia hai 42 anos e tocaba de cheo a Barbanza. Un conxelador, o Marbel, afundíase na costa de Vigo deixando o fatídico balance de 27 falecidos. Dous deles, José Oviedo Moas, o xefe de máquinas, e Carlos González Teira, mariñeiro, eran de Noia. Ao barco paráraselle o motor á altura de cabo Silleiro, desde onde fora empurrado cara á illa norte das Cíes, onde acabou embarrancando para partirse logo en dúas e mergullarse baixo a auga.

Algúns membros da tripulación conseguiron esquivar á morte saltando a unhas rocas. Entre os nove que o lograron estaba o ribeirense Antonio Lustres Ageitos.

Na información publicada por La Voz de Galicia facíase referencias ás malas condicións do mar no momento no que tivo lugar o naufraxio, con ventos por amais dos cen quilómetros por hora e ondas de ata oito metros. A pesar diso, varias embarcacións que estaban preto non dubidaron en pór rumbo ao lugar do afundimento para tratar de axudar aos mariñeiros lanzando cabos.