Hemeroteca: A etapa dourada de Manolito O Pescador

M. X. B. RIBEIRA

BARBANZA

SIMÓN BALVÍS

O ribeirense compaxinaba hai 32 anos os escenarios co traballo como representantes de grupos musicais

24 ene 2020 . Actualizado ás 08:28 h.

En pleno auxe atopábase hai 32 anos Manolito O Pescador. Cumprira os 40 e levaba case toda a vida dedicado ao mundo da música, tanto cantando en solitario como participando nunha infinidade de orquestras. Pero Manuel Blanco Fernández entrara na etapa dourada. Adaptouse aos novos tempos gravando unha casete e permitíase o luxo de seleccionar as súas aparicións sobre os escenarios, posto que compaxinaba esta faceta coa de representante de agrupacións musicais.

Atrás quedaba a época na que este ribeirense amenizaba as viaxes dos autobuses Sarasquete e, despois, os bares de Vigo, cidade desde a que saltou á fama. Con 10 anos xa formaba parte da orquestra Os Pinchudos de Taragoña. Os Mozos do Jazz, A Florida e Gran Parada foron algunhas das orquestras nas que se forxou e coas que conquistou Galicia.

Aínda que as súas actuacións foron a menos co paso do tempo, hai unha década saltou de novo á fama, convertido en Fisherman, e arroupado polo humorista Roberto Vilar.