Antón e Marcos Gómez impuxéronse no Torneo de Pais e Fillos

La Voz

BARBANZA

BARBANZA GOLF

Sara Lijin e Juan Fernández coroáronse no apartado de hándicap

19 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A primeira competición do 2020 no Barbanza Golf Pitch & Putt xa ten aos seus dous gañadores, Antón e Marcos Gómez. Ambos foron os vencedores, no apartado absoluto de scratch do Torneo de Pais e Fillos, que se disputou sobre a herba do campo de Macenda. Da mesma forma, os campións na modalidade de hándicap foron Sara Lijin e Juan Fernández.