Buscan mozos para a rodaxe dun curto en Muros-Noia

BARBANZA

DANI GESTOSO

Os interesados en sumarse a esta iniciativa poden enviar un correo electrónico a curtacostadamorte\gmail.com

16 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A produtora Zeitum Films ten previsto emprender en breve a gravación dunha curtametraxe ambientada na ría de Muros-Noia, e busca actores para iso. Os aspirantes teñen que ser novos de idades comprendidas entre os 17 e 20 anos que falen galego. Non é necesario que teñan experiencia previa no ámbito da interpretación.

Os interesados en sumarse a esta iniciativa poden enviar un correo electrónico a curtacostadamorte\gmail.com. Tamén poden contactar coa produtora a través do número de teléfono 621 366 123.

Desde Zeitum Films apuntan que o traballo dos actores que resulten seleccionados para a curtametraxe será remunerado.