Dúas persoas resultaron feridas nun aparatoso accidente na Pobra

M.G. RIBEIRA

BARBANZA

ÁLVARO PELETEIRO

Un dos turismos implicados acabou envorcado sobre a calzada

10 ene 2020 . Actualizado ás 19:35 h.

Pouco antes das tres da tarde, rexistrouse un aparatoso accidente na estrada AC-302, na Pobra. Dous turismos colisinaron nun cruzamento e, como consecuencia, un deles acabou envorcado sobre a calzada e dúas persoas resultaron feridas de consideración.

O accidente produciuse na zona de Camiño Ancho e ata o lugar desprazáronse a Policía Local da Pobra, Protección Civil, bombeiros de Ribeira e Garda Civil, así como o 061 que trasladou aos feridos a un centro sanitario.