Tres alumnos de Barbanza, entre os 20 premiados pola Xunta polo seu esforzo

Ribeira / La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Dous estudantes do instituto plurilingüe A Cachada (Boiro) e un do IES A Pobra foron seleccionados nesta edición pola súa capacidade de superación ante as dificultades

06 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Tres alumnos de Barbanza figuran entre os vinte estudantes de educación secundaria de Galicia aos que a consellería concedeu os premios ao esforzo e á superación persoal correspondentes a curso 2018/2019.

Dous estudantes do instituto plurilingüe A Cachada (Boiro) e un do IES A Pobra foron seleccionados nesta edición pola súa capacidade de superación ante as dificultades, xa sexan de tipo persoal, educativo ou da contorna familiar e sociocultural. Estes recoñecementos concédense a estudantes de cuarto curso da ESO e con eles preténdese que os premiados sexan un exemplo para os seus compañeiros en situacións similares.

A Consellería de Educación dota a cada un destes galardóns cun premio económico de 750 euros.