Chus Novo, eterna na Pobra

Ribeira

BARBANZA

CEDIDA

Familiares e amigos de Chus Novo visitaron un dos seus lugares predilectos da Pobra do Caramiñal

06 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Familiares e amigos de Chus Novo visitaron un dos seus lugares predilectos da Pobra, a parra do restaurante Xanxo. Alí loce unha placa co seu nome, unha chiscadela a unha coruñesa que deixou centenares de amizades e seres queridos en toda a comarca. Os presentes aproveitaron a ocasión para botar unha mirada ao pasado e celebrar como esta pobrense de adopción facía, cun sorriso, boa compaña e mellor conversación.