Pais e alumnos manifestáronse en Cespón para esixir un profesor de educación física a tempo completo

Jose Manuel Jamardo Castro
j. m. jamardo RIBEIRA/LA VOZ

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

O titular, Xan Castaño pediu a excedencia ao saír elixido alcalde de Catoira

18 novs 2019 . Actualizado ás 14:15 h.

O colexio de Cespón está de uñas. Á primeira hora da mañá, pais e alumnos manifestáronse á entrada do centro para protestar porque, segundo afirman, non teñen profesor de educación física a tempo completo desde o inicio de curso. Segundo apuntaron, o titular é o actual alcalde de Catoira e cando saíu elixido rexedor do municipio pontevedrés solicitou a excedencia para dedicarse aos seus labores políticos. Ante esta situación, a dirección do colexio non coñeceu o problema ata o comezo da actividade escolar. O que lles comentaron era qeu ían compartir un mestre co colexio ribeirense de Artes e leste acudiría a Boiro tres días á semana. 

Os pais consideran que necesitan un profesor toda a semana para un centro que conta cuns 150 alumnos e ademais, esixen que se lles outorgue un tal e como está establecido no catálogo de Educación. Desde a dirección da asociación de pais enviáronse escritos á Xunta pero, de momento, non atenderon as súas peticións.Ata agora van capeando o temporal como poden no centro educativo e inluso a profesora de inglés bota unha mano pero consideran qeu é insuficiente.

Os proxenitores relatan que puxeron loe feitos en coñecemento do Valedor do Pobo e desde a Xunta non contestaron os seus escritos. Afirman que contactaron por teléfono coa inspectora de zona e que esta se comprometeu a estudar o asunto pero «aínda estamos a agardar que conteste». Os afectados insisten en que se seguirán coas protestas se as autoridades fan caso omiso ás súas reivindicacións.