Derrota branquiazul en Arasolis

p. bretal RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

JORGE PARRI

Os de Anxo López colocáronse a dous puntos dun Viveiro líder, tras vencer aos pobrenses nun choque sen demasiadas ocasións, con golazo de Andrés

18 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A incursión do Puebla en Arasolis, que xa prometía necesitar de épica para levar a vitoria, acabou saldándose co triunfo dun Fisterra (1-0) que non ocupa a segunda praza da táboa por casualidade. Os de Anxo López xa están a só dous puntos dun Viveiro que empatou e co que se verán as caras a próxima semana. Pola súa banda, os de Anxo Casalderrey regresaron a Barbanza con boas sensacións, a pesar da derrota, tras lograr conter, en certa medida, o temido xogo dos locais.

A primeira parte arrincaba coa mesma tónica que se mantivo na maior parte do encontro, cuns branquiazuis que saíron a por todas, e uns fisterráns aos que non puideron frearlles o seu fútbol directo. Non houbo un gran desfile de ocasións para ambos os bloques, pero o Fisterra adiantouse no 36, grazas a un estratéxico golazo a balón parado coa firma de Andrés Vigo.

Xogadores decisivos

Na segunda parte, con Julito e Herbert xa manexando os tempos do partido, o Fisterra creceu en presión e en oportunidades, cun disparo de Vigo que fixo tremer o traveseiro ou un remate de cabeza de Maakay que chamou a filas a Juan para executar unha bela parada.

«Teño que felicitar ao persoal polo gran esforzo que realizaron ante un gran equipo. Temos que seguir con confianza, e temos un bo saldo de puntos, pero agora empeza outra liga», analizou o adestrador do Puebla , un Anxo Casalderrey que indicou que as individualidades rivais marcaron a diferenza.

Goles: 1-0, min 36: Andrés Vigo.

Trío arbitral: Avelino García, acompañado de Rubén Fernández e de Adrián Novoa. O colexiado amoestou aos locais Aarón López, Herbet, Julito, Colombia, Roia e Daniel Martínez. Por parte dos visitantes, viron amarelas: Manuel, Pereira, Augado e Álvaro Calo.

Bouzi, Pablo Vigo, Colombia, Aarón López, Makaay (Rubia , min 89), Aarón Lobelos (Pablo Lestón, min 78), Herbert (Daniel Martínez, min 85), Aaron Fernández, Andrés Vigo e Julito (Roia, min 55)

Juan, Augado, Manuel, Pablo, Pap, Pereira, Xabi, Madiop (Manuel, min 60), Álvaro Calo, Picos (Falcón, min 54) e Álex Teira (Nacho, min 60)