Fulano, Mengano e Citano soben ás táboas do teatro Elma pobrense

M. X. B. RIBEIRA

BARBANZA

cedida

O trío humorístico presentará a obra «A louca historia de Galicia»

17 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe Teatro Elma (A Pobra) • 19.00 horas • O pano do Elma volverá abrirse esta tarde para ofrecer aos veciños unha nova oportunidade para gozar do teatro. Nesta ocasión, a función correrá a cargo de Fulano, Mengano e Citano, un trío humorístico que entreterá ao público coa louca historia de Galicia. Suso Pando, Marcos Alonso e Manuel Pombal levarán aos espectadores por todos eses períodos de luz e de sombras da historia de Galicia.

O vindeiro domingo haberá nova función. Correrá a cargo de Fran Rei, Isabel Risco e Pedro Brandariz.