Exhibición na Pobra de todo tipo de vehículos en miniatura

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

Tanques militares, avións, todo terreos, barcos e coches conforman a mostra de aeromodelismo que se pode ver na casa de cultura Raquel Fernández Soler

13 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Moi rechamante é a exposición que a noite do luns abriu as súas portas na casa de cultura da Pobra. É unha colección de vehículos formada por avións achegados polo club Furacán; tanques militares, todo terreo e barcos que cedeu o colectivo Monobar; e tres coches de RC Barbanza. Son todas pezas en miniatura, que se move cun sistema de radio control. O acto de apertura da mostra, que estará aberta ata o próximo 30, contou coa participación da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e cos presidentes de Furacán, Ricardo Rivas, e Monobar, Juan Manuel Somoza.