Despedida de Manuel Santos Olveira

La Voz

BARBANZA

cedida

O conserxe do colexio de Xuño celebrou a xubilación rodeado de amigos e familiares

13 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Rodeado de amigos, familiares e compañeiros de traballo celebrou o seu paso á etapa dourada da xubilación Manuel Santos Olveira, coñecido como Manolo dá Mourella. O que durante os últimos anos exerceu como conserxe no colexio de Xuño estivo moi arroupado na comida de despedida que tivo lugar hai uns días nun restaurante de Portosín. Ademais de regalarlle bromas, anécdotas e unha chea de entrañables recordos, os asistentes entregaron ao homenaxeado un reloxo.