Nolo Romero , no Top 10 do Mundial disputado en Londres

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CEDIDA

Coouse entre os dez mellores na categoría elite co seu equipo, Os Vengadores Hispanos

16 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Nolo Romero non defraudou no Mundial de carreiras de obstáculos que se disputou en Londres. O boirense, outrora capitán do Cabo de Cruz de fútbol e edil de Deportes con Juan José Dieste, coouse entre os dez mellores do mundo na categoría elite, na modalidade de equipos mixtos.

«Viña dunha lesión e non puiden preparar a proba como me gustaría», recoñeceu o barbancés, que na cita individual estivo lonxe do seu mellor nivel: «Sabía que se me ía facer moi dura. Eran 15 quilómetros e uns 70 obstáculos. Houbo frío, choiva, barro...». Foi xunto aos seus compañeiros do equipo Os Vengadores Hispanos do Norte, Brais Otero e Nekane Arroyo, que se meteu entre os mellores do mundo. «Eran distancias mais curtas, máis explosivas. Estamos moi contentos co resultado», afirmou Romero .