O Rotogal Boiro, a apontoar o equipo no torneo de San Sadurniño

Ribeira

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

Os de Emilio Palacio xogan hoxe, ás 10.30 horas, contra o Emevé de Lugo

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Rotogal afronta hoxe, a partir das 10.30 horas, unha nova proba de cara ao arranque da Superliga 2. Os de Emilio Palacio enfrontaranse ao Emevé de Lugo con motivo do Trofeo Concello de San Sadurniño. De vencer este choque, disputarán a final ás 18.30. Se finalmente non o logran, deberán pelexar polo terceiro e cuarto posto ás 16.30.