Os Quinquilláns achegan aos nenos de Santa Uxía a obra de Neira Vilas

La Voz

BARBANZA

ANA GARCIA

O mago Pedro Bugarín actuará en Portosín e Brais das Hortas narrará historias en Boiro

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Biblioteca de Ribeira • 12.00 horas • No marco do programa Ler Conta Moito, hoxe chegarán a Ribeira Os Quinquilláns, dispostos a animar aos nenos e ás súas familias cun obradoiro teatral baseado no Espantallo amigo de Xosé Neira Vilas. A actividade está dirixida a nenos de 3 a 12 anos.

Sesión de maxia

Hoxe • Axencia de lectura de Portosín • 17.00 horas • En Portosín será o mago Pedro Bugarín o encargado de darlle continuidade ao programa Ler Conta Moito. Ofrecerá un espectáculo para gozar en familia, que se titula Maxia de catro a catro.

Brais dás Hortas

Hoxe • Biblioteca de Boiro • 12.00 horas • A Boiro chegará, para animar aos cativos a mergullarse no mundo da literatura e tamén para promover a igualdade, Brais das Hortas. Ofrecerá unha sesión de relatos baixo o título Contamos todas.