Interceptado un individuo que conducía de forma neglixente en Rianxo

Jose Manuel Jamardo Castro
j. m. jamardo RIBEIRA/LA VOZ

BARBANZA

cedida

O home deu positivo na proba de alcol

20 sep 2019 . Actualizado ás 20:31 h.

Na madrugada de hoxe, pouco despois das seis da mañá, a Policía Local de Rianxo procedeu á investigación do condutor dun vehículo, veciño de Dodro, por dous delitos contra a seguridade do tráfico. Foi interceptado no paseo da Ribeira, despois de conducir de forma neglixente invadindo o sentido contrario de circulación, observándose que persentaba síntomas evidentes de ter inxerido bebidas alcohólicas, segundo informaron fontes policiais. 

Nas probas de alcoholemia legalmente establecidas que se lle realizaron cun alcoholímetro ecidencial, na primeira deu un resultado de positivo en alcol de 1,19, negándose posteriormente a efectuar unha segunda proba. A Policía Local instruíu as correspondientesa dilixencias penais por devanditos feitos e procedeuse á súa citación para un xuízo rápido