Visibilización do traballo da muller no mar

Laura Martelo

BARBANZA

laura martelo

Son 15 cadros que recrean escenas da actividade no ámbito pesqueiro

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:10 h.

Ata o 31 • Edificio Sel de Muros • Unha exposición inaugurada onte pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, visibiliza o traballo no mar das mulleres. Son 15 cadros que recrean escenas da actividade no ámbito pesqueiro. Quintana dixo que as mulleres levan toda a vida traballando no porto ou a costa: «Grazas por demostrar que o mar une e non separa».