O Náutico de Cabo consegue o selo Galicia Calidade

a. l. RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

MARCOS CREO

O distintivo será entregado o 10 de setembro

21 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

As instalacións náuticas de Cabo de Cruz seguen sumando novos distintivos que demostran por que é un dos portos deportivos máis visitados da comunidade. Así, a entidade acaba de recibir da Xunta o selo Galicia Calidade, un recoñecemento que certifica que os produtos e servizos que se ofrecen lograron superar uns esixentes controis.

Así tamén o afirma o responsable do Náutico, Manuel Fajardo, que confesou que traballaron moito para superar con éxito as distintas auditorías que se realizan para conseguir este selo, que en Galicia teñen apenas unha quincena de portos deportivos. Tamén explicou que o distintivo está previsto que sexa entregado nun acto público que terá lugar o próximo 10 de setembro nas instalacións deportivas crucenses, aínda que a súa intención é que a Xunta lles facilite antes unha insignia que poidan colocar nas instalacións e así publicitar este novo recoñecemento.

Banderas

O selo Galicia Calidade únese así á bandeira azul e á Q de Calidade que xa atesoura o Náutico de Cabo de Cruz desde que se inaugurou fai sete anos.

«Fomos o primeiro porto deportivo de España que abrimos e xa tiñamos os dous distintivos», lembrou Fajardo, que considera que estes recoñecementos son moi importantes para atraer a máis visitantes.