Despedida no seo da familia Frinsa

M. X. B. RIBEIRA

BARBANZA

Gerardo Cardín foi homenaxeado polos seus compañeiros tras máis de catro décadas traballando na factoría

12 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Gerardo Cardín estivo máis de catro décadas traballando na empresa Frinsa e agora que decidiu emprender a etapa dourada da xubilación, os seus compañeiros organizáronlle unha festa. Tivo lugar no restaurante Albariño, onde se reuniron máis de 60 persoas, entre as que se atopaba o fundador da firma, Ramiro Carregal. Os asistentes agasallaron ao homenaxeado con varios obsequios, como un álbum de fotos sobre a súa traxectoria na factoría, un reloxo e un escanciador.