A praza noiesa incentiva as compras a ritmo de folk

La Voz

BARBANZA

cedida

O mercado dará cabida tamén a unha degustación de empanada e sidra

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe Praza de abastos de Noia • De 11.00 a 14.00 horas • No marco da campaña Quere ou teu mercado, a praza de abastos de Noia dará cabida hoxe a unha serie de actividades que buscan incentivar as compras. Para as 11.00 horas hai programada unha degustación de empanada, tras a que se servirá sidra. O colofón será unha actuación dun grupo de música folk. A iniciativa promovida pola Xunta conta coa colaboración do Concello noiés.

A campaña ten este ano lugar en 86 localidades de Galicia. En Noia, complétase cun concurso a través das redes sociais, que permite aos usuarios facerse cunha mochila térmica ou un mandil por compartir fotos do mercado.