Despexadas todas as dúbidas sobre o lugar de nacemento de Valle-Inclán

M. X. B. RIBEIRA

BARBANZA

SIMÓN BALVÍS

A partida de nacemento da primeira filla do autor recollía que era natural de Vilanova

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A documentación que saía á luz hai 15 anos despexaba por completo as dúbidas existentes sobre o lugar de nacemento de Ramón María del Valle-Inclán. Durante un tempo, A Pobra e Vilanova mantiveran unha disputa por alzarse como o berce do creador do esperpento. A estas alturas do 2003 facíase público o contido da partida de nacemento da primeira filla do autor, na que figuraba o carné de identidade do escritor, que recollía que era natural de Villanueva de Arousa, na provincia de Pontevedra.

O documento foi achado polo investigador Alexandre Allegue nos arquivos madrileños do Ministerio de Xustiza e tamén desvelaba outros datos interesantes, como a data real do nacemento daquela primeira filla de Valle-Inclán. Nas biografías publicadas ata entón, aparecía o 1910 como ano no que dera a luz Josefa María Ángela Blanco , pero segundo a partida de nacemento foi o 11 de outubro de 1907, un mes e medio despois da súa voda co escritor.

Os especialistas na materia concederon total veracidade e gran importancia ao documento.