Talabarte alaga o templo noies de Santa María A Nova de jazz e folk

M. X. B.

BARBANZA

Martina Miser

Forman parte do grupo Quim Fariña ao violín, Pedro Pascual ao acordeón e Kin García ao contrabaixo

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá • Igrexa de Santa María A Nova (Noia) • 21.00 horas • O grupo Talabarte desembarcará mañá pola noite no templo noiés de Santa María A Nova para ofrecer un concerto. O seu repertorio é unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes, aderezado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea. Forman parte deste grupo Quim Fariña ao violín, Pedro Pascual ao acordeón e Kin García ao contrabaixo. Contemporaneidade e tradición xuntas nun concerto diferente.