Julio Bustelo e María José Sampedro, números 5 e 6 da candidatura do PP ao Congreso

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez RIBEIRA

BARBANZA

BASILIO BELLO

Non haberá representación barbancesa na lista ao Senado

25 mares 2019 . Actualizado ás 16:04 h.

O PP da provincia da Coruña deu a coñecer hoxe os nomes dos seus candidatos nas eleccións xerais do próximo 28 de abril e entre eles hai dous barbanceses. Xa se sabía que Julio Bustelo, concelleiro e presidente do PP de Noia, sería unha das persoas da lista ao Congreso e ocupará o número cinco, mentres que o seguinte posto será para outra representante da comarca. A ribeirense María José Sampedro Fernández será a número seis.

Diego Calvo, presidente provincial do PP, confía plenamente no equipo confeccionado para as eleccións xerais, que encabeza Marta González, e deu a benvida aos dous barbanceses que acaban de integrarse nel: «Esta lista demostra que imos por todas, xa que a acreditada solvencia de todos e cada un dos seus integrantes é unha garantía de que os intereses da provincia, de todos os coruñeses, estarán moi dignamente representados no Congreso».

En canto á candidatura ao Senado, nesta ocasión non haberá representación dos municipios de Barbanza e Torres Colomer non repetirá na lista, que está compoñen o coruñés Miguel Lorenzo e os ferroláns Juan Juncal e Verónica Casal.