Os veciños de Baroña aprenden a facer trampas para as velutinas

M. X. B.

BARBANZA

MONICA IRAGO

Persoal de Protección Civil de Porto do Son impartirá unha charla e proporá mesturas que serven de cebo

22 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Local da comunidade de montes de Baroña (Porto do Son) • 20.00 horas • A comunidade de montes de Baroña é a promotora do taller de trampas contra as velutinas que hoxe terá lugar no seu local. A xornada arrincará cunha charla que impartirá persoal da agrupación sonense de Protección Civil, para continuar coa realización de varias trampas caseiras moi sinxelas e efectivas mediante botellas de plástico e líquido que serve de cebo.

Ás actividades poderán sumarse tanto os comuneiros da parroquia como o resto de veciños.