Os artistas de Ambar exhiben as súas obras na Pobra

La Voz

BARBANZA

carmela queijeiro

Os traballos de Daniel Piñeiro, Yolanda Zurdo, Vanesa Rial e Montse Queiruga estarán na casa de cultura ata fin de mes

15 mares 2019 . Actualizado ás 05:10 h.

Con xeito, a exposición de pinturas e esculturas realizadas por usuarios de Ambar, está a disposición do público estes días na casa de cultura pobrense. A mostra foi inaugurada onte e permanecerá nesta sala ata o próximo día 29. Daniel Piñeiro, Yolanda Zurdo, Vanesa Rial e Montse Queiruga son os autores das obras que conforman esta serie, que persegue pór en valor unha faceta máis das persoas que sofren discapacidade, a artística. Os catro asisten ás clases que imparte no centro desde fai catro anos Manuel González.

A exposición percorreu xa as localidades de Porto do Son e Boiro. A intención de Ambar é que siga no futuro a súa xira por outras salas da comarca.