Youtubeir@s chega a Barbanza

La Voz

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

Ou programa, que inclúe obradoiros e un certame, desenvolverase por vez primeira en Rianxo

16 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Rianxo participará este ano en Youtubeir@s, un programa que xurdiu hai un tempo co fin de fomentar e darlle visibilidade ao gago a través dunha das redes sociais con máis influencia na actualidade. Da iniciativa forman parte unha ducia de concellos de Galicia, as tres universidades e a Deputación da Coruña, e materialízase mediante a convocatoria de campañas de difusión, cursos de formación e un certame. O concurso reuniu nas pasadas edicións a máis de 400 persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 80 anos e permitiu a difusión de dous mil minutos de contido en galego a través de Youtube.

No caso de Rianxo, Miguel Silva e Román Castaño serán os encargados de impartir os cursos de creación de vídeos, coa idea de que os asistentes coñezan as prestacións que ofrece a popular plataforma para cuestións tan diversas como divulgar afeccións ou mellorar a visibilidade dun negocio.

Entre os obradoiros que se van desenvolver na vila destaca un para maiores de 50 anos, que está incluído no plan formativo da UNED Sénior. Tamén está en marcha un curso para a mocidade. Os interesados en sumarse a calquera deles teñen que contactar co servizo de normalización lingüística.