Sete relatorios no arranque do Encontro Arqueolóxico do Barbanza

La Voz

BARBANZA

DANI GESTOSO

Ezequiel Lago Mallo, investigador da USC, falará sobre os traballos realizados na zona pobrense da Misarela

16 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Casa de cultura de Boiro • A partir das 10.30 horas • Hoxe arrinca en Boiro unha nova edición, a décimo terceira, do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, que incluirá sete relatorios. Entre as charlas figura unha relativa á comarca. Ezequiel Lago Mallo, investigador da USC, falará sobre os traballos realizados na zona pobrense da Misarela. Tamén haberá conferencias sobre Numancia, Santa Eulalia de Bóveda e o monte de San Silvestre de Cardielos.

Ademais, inauguraranse dúas exposicións: unha bibliográfica sobre a arqueoloxía en Barbanza e outra de fotos titulada A sombra de Chernobyl.