O humorista Leo Bassi sumouse á loita en favor do coliseo Noela

La Voz

BARBANZA

SIMÓN BALVÍS

Ofreceu un espectáculo reivindicando a conclusión das obras de reforma do edificio

12 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Fai sete anos o coliseo Noela atopábase pechado baixo sete chaves. En maio do 2012 anunciáronse unhas obras para a súa recuperación por importe de 312.000 euros, pero a quebra da empresa adxudicataria dos traballos desencadeou un atraso que aos veciños antollóuselles eterno. Nese contexto, o goberno local decidiu recorrer a diversas accións para chamar a atención da Xunta de Galicia e conseguir así acelerar o proceso para concluír as reformas do edificio e lograr que abrise de novo as súas portas.

A iniciativa que máis expectación causou foi, sin duda, a visita do cómico Leo Bassi, que tal día como hoxe ofrecía un dos seus singulares espectáculos ás portas do Noela. Chegou en coche de luxo, simulando ser un político de Bruxelas; criticou con dureza os recortes e ata lle prendeu un lume ficticio ao histórico edificio.

A pesar desta e outras accións reivindicativas, o pano do coliseo noiés non se abriu ata decembro do 2014.