Tucho Abalo presentará «Microplástico» na galería A Doce

La Voz

BARBANZA

DANI GESTOSO

A serie está formada por media ducia de esculturas realizadas a partir de lixo mariño

05 feb 2019 . Actualizado ás 09:37 h.

Sábado • Galería A Doce (Boiro) • 20.30 horas • Partindo de cordas, redes e outros materiais de desfeito recollidos no litoral da comarca, Tucho Abalo realizou unha nova colección de esculturas. Trátase de media ducia de pezas volumétricas que teñen como particularidade o toque de cor que o creador decidiu engadir á súa habitual linguaxe. 

Tucho Abalo presentará esta nova serie na Doce, sala na que xa exhibiu a súa obra con anterioridade, baixo o título Microplásticos. A inauguración será o sábado, pero a colección permanecerá a disposición do público ata o 16 de marzo.

O artista boirense leva xa varios anos traballando na realización de obras de arte a partir do lixo mariño, realizando así a súa particular achega ao medio ambiente, pois retira plásticos do océano para convertelos en esculturas.