Patrocinado por Patrocinadopor

A comunidade de montes de Baroña forma a futuros apicultores

La Voz

AGRICULTURA

CARMELA QUEIJEIRO

Está previsto que as clases arrinquen en febreiro e o día límite para inscribirse a través da páxina web de Asefoga é o 31

24 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

En colaboración con Asefoga, a comunidade de montes de Baroña organizou un curso de apicultura ecolóxica e marcouse como reto que os alumnos sexan un mínimo de 15 desempregados. Haberá unha parte presencial de 50 horas, con clases teóricas e prácticas a impartir na propia localidade, e outra igual a realizar a través dunha aula virtual.

Durante as sesións abordaranse todas as tarefas dun apicultor, desde a división dunha colmea para obter novos enxames ata a elaboración de produtos como mel, acirra real, pole ou cera.

Está previsto que as clases arrinquen en febreiro e o día límite para inscribirse a través da páxina web de Asefoga é o 31.