Unha gabarra encallou en Corrubedo

La Voz

BARBANZA

SIMÓN BALVÍS

O amasillo de ferros estivo dez meses formando parte da paisaxe do litoral, ata que foi despezado

23 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Durante case un ano estivo unha gabarra formando parte da paisaxe costeira de Corrubedo. A embarcación encallou a estas alturas do 2009 nunha zona rochosa coñecida como As Cobas, entre o faro e a praia de Balieiros. Nada máis producirse o suceso empezaron a analizarse diversas alternativas para a retirada da barcaza Yamburg, pero o feito de que se atopase nun lugar de difícil acceso supuña un obstáculo importante. O despezamento perfilábase como a opción máis viable, pero o elevado custo dos traballos atrasou a toma dunha decisión definitiva.

O sector do mar non tardou en mostrar o seu malestar e esixir a retirada do amasillo de ferros da costa. Os depósitos de Ribeira, Aguiño e Porto do Son temían que unha vertedura puidese causar danos nos seus bancos marisqueiros. Durante as primeiras fins de semana, o lugar converteuse nun foco de atracción de curiosos.

Non foi ata novembro do 2010 cando concluíron as tarefas de despezamento.