Cadeas humanas contra o Prestige

La Voz

BARBANZA

Non dispoñible

Os escolares da comarca mobilizáronse ante a marea negra que arrasaba a costa

22 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A comarca trataba, hai 16 anos, de sobreporse á traxedia do Prestige. Mentres os voluntarios seguían limpando os puntos negros da costa, a cidadanía decidiu mobilizarse, para reivindicar que non se repetise un drama similar. A nivel Galicia xurdira unha iniciativa que pretendía involucrar ás novas xeracións e case todos os centros educativos se sumaron a ela. Tal día como hoxe do 2003, os escolares formaban cadeas humanas.

Estaba previsto que varias das mobilizacións tivesen lugar na costa, pero a xornada amenceu chuviosa. Aínda así, os raparigos tomaron patios e pavillóns coas mans entrelazadas. Os alumnos do colexio de Olveira si se atreveron a saír e situáronse na contorna do faro de Corrubedo, mentres que os sonenses tomaron a zona portuaria.

Unha vintena de bateeiros tamén se sumaron aquel día á iniciativa. Situaron as súas embarcacións na zona do Areal e fixeron soar as súas bucinas.