O fondo da ría de Arousa xa loce o seu particular belén

La Voz

BARBANZA

cedida

A montaxe foi instalado por mergulladores do centro Hydronauta na zona do Camouco

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Como vén sendo habitual, o centro de mergullo Hydronauta, pertencente ao Club Náutico de Ribeira, instalou un belén no fondo da ría de Arousa, nunha pequena plataforma situada a uns 15 metros de profundidade na zona do Camouco. Os artífices da iniciativa explicaron que a actividade, que se converteu xa nunha tradición, esperta o interese de mergulladores de diversos lugares de España. De feito, nesta ocasión non puideron sumarse á inmersión todos os interesados por falta de prazas no barco.

Desde Hydronauta sinalaron tamén que a montaxe se integra perfectamente no lugar: «Está colocado nun bosque de gorgonias vermellas e desde a súa colocación, acompañado por pequenas quenllas, coñecidos como pintarrojas». Os mergulladores regresarán ao lugar a fin de semana despois de Reyes para retirar o belén.