O coliseo Noela e o conservatorio estrean caldeiras de biomasa

La Voz

BARBANZA

Este sistema de calefacción é máis ecolóxico e supón un aforro substancial na partida destinada a este fin

30 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello noiés acaba de instalar senllas caldeiras de biomasa no coliseo Noela e no conservatorio municipal, unha actuación que supuxo un investimento de preto de 110.000 euros, financiados a través dunha subvención dos fondos Feder. Este sistema de calefacción é máis ecolóxico e supón un aforro substancial na partida destinada a este fin.