As beirarrúas ata o faro de Corrubedo xa están concluídas

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

LUIS POLO

O alcalde Manuel Ruiz e a directora xeral da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, comprobaron o acabado final das obras

20 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Grazas a un investimento de 55.000 euros, por parte do Concello e a Axencia Galega de Turismo, as beirarrúas da vía que conduce ao faro de Corrubedo foron ampliadas ata os 2,5 metros de ancho. O alcalde, Manuel Ruiz, e a directora xeral deste organismo, Nava Castro, comprobaron onte o resultado final da obra.