Un motorista resultou ferido leve nun accidente en Padín

La Voz

BARBANZA

O home foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao hospital de Barbanza

18 novs 2018 . Actualizado ás 11:39 h.

O condutor dunha motocicleta resultou onte ferido leve como consecuencia dun accidente no que tamén se viu implicado un automóbil. O incidente ocorreu sobre as catro da tarde, na rotonda de Padín, e ata o lugar trasladáronse unha patrulla da Policía Local de Ribeira e unha ambulancia do 061. Os sanitarios estabilizaron ao home, que a continuación foi trasladado ao hospital de Barbanza.