A Xunta premia ao colexio Galaxia nun concurso sobre violencia sexista

La Voz

BARBANZA

No concurso participaron cincuenta centros de toda Galicia

18 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O colexio Galaxia de Ribeira acaba de ser premiado cun segundo premio no concurso de proxectos audiovisuais que convocou a Xunta co gallo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que terá lugar o 25 de novembro. O certame, no que participaron un total de 50 centros de toda a comunidade, estaba dirixido a alumnos de quinto e sexto curso de primaria, ESO e bacharelato.