O Atlético Ribeira recibirá ao Milladoiro na Fieiteira

La Voz

BARBANZA

DANI GESTOSO

17 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O líder do grupo cuarto de Segunda Galicia, o Atlético Ribeira, recibirá mañá, a partir das 16.30 horas, ao Milladoiro no campo de céspede natural da Fieiteira. O resto de duelos da xornada serán: Cabo-Urdilde, Agrón-Taragoña, Baroña-Carcacía, Calo-Sar, Lesende-Cacheiras, Recesende-Sálvora, Queiruga-Brión e Luaña-Abanqueiro.