Últimas citas do Xuventude Crea de teatro en Outes

La Voz

BARBANZA

JORGE PARRI

Contraproducións súmase á mostra ribeirense con Fillos do sol e Ghazafelhos presentarán e Portosín Bon appetit

16 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Casa de cultura de Outes • 17.00 horas • Tras dous días de representacións, o público de Outes terá esta tarde ocasión de ver as dúas últimas obras que concorren ao Xuventude Crea na categoría de teatro. Polo escenario desfilarán Os Palimoquiños, que representarán Así que pasen cinco anos, e Lobishome, compaña que escenificará Insilio.

Mostra de Ribeira

Hoxe Auditorio de Ribeira • 21.30 horas • Contraproducións súmase á mostra ribeirense con Fillos do sol, unha obra dirixida por Cándido Pazó que situará sobre o escenario a César Cambeiro, Alba Bermúdez e Adrián Ríos.

Ghazafelhos en Portosín

Hoxe • Casa de cultura de Portosín • 18.00 horas • A compaña Ghazafelhos desembarca en Portosín disposta a entreter ao público infantil botando man das receitas máis divertidas. O grupo chega á vila co espectáculo Bon appetit.